Praza de técnico/a medio/a de tradución na Deputación de Pontevedra

A Deputación Provincial publicou no BOP do día 5 de agosto a convocatoria dunha praza de técnico/a medio/a de tradución, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a e integrada no subgrupo A2, destinada a persoas con discapacidade. O prazo de inscrición é de 20 días naturais a partir da publicación do anuncio no BOE, é dicir, do 12 de setembro ao 1 de outubro.

No BOP de Pontevedra do 5 de agosto a Deputación Provincial publicou as bases xerais e específicas para a convocatoria dunha praza de técnico/a medio/a de tradución, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a e integrada no subgrupo A2, destinada a persoas con discapacidade (oferta de emprego público de 2024).

REQUISITOS

Ademais das condicións sinaladas na base cuarta das bases xerais as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

  • Estar en posesión do título de grao, licenciatura ou ter finalizados os tres primeiros cursos da licenciatura en filoloxía, en tradución, interpretación e linguas aplicadas ou equivalentes, ou estar en condicións de obtelo o día en que remate o prazo de presentación de instancias.
  • Acreditar unha discapacidade igual ou superior ao 33 %.

SISTEMA DE SELECCIÓN

Oposición libre, reservada a persoas con discapacidade.

EXERCICIOS DA OPOSICIÓN

  • primeiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en contestar por escrito un test de 80 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do programa. O tempo para a realización deste exercicio será de 80 minutos.
  • segundo exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en desenvolver por escrito dous temas, que serán extraídos ao chou polo tribunal,un de cada unha das partes específicas do programa, durante un período máximo de tres horas. Posteriormente, as persoas aspirantes serán convocadas polo tribunal para a súa lectura pública, que levará a cabo a súa autora ou autor ou, se non for posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal.
  • terceiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá na resolución do suposto práctico que determine o tribunal, relacionado coas materias contidas na parte específica do programa e durante un tempo máximo de tres horas. Neste exercicio valoraranse a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos presentados. Posteriormente, e no caso de que proceda, as persoas aspirantes serán convocadas polo tribunal para a lectura pública da súa proba, que levará a cabo a súa autora ou autor ou, se non for posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal.
  • cuarto exercicio, de carácter obrigatorio e non eliminatorio, consistirá na tradución directa ao idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE, mediante extracto, e logo da publicación do texto íntegro das bases e da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e do extracto no Diario Oficial de Galicia. A publicación no BOE tivo lugar o 11 de setembro de 2024, polo que o prazo de presentación de solicitudes vai do 12 de setembro ao 1 de outubro.

MÁIS INFORMACIÓN

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio