O procedemento de selección consiste en concurso (até 3 puntos) e oposición (dúas probas, unha consistente na elaboración dun proxecto [até 10 puntos] e outra nunha entrevista [até 10 puntos]). A cualificación final virá determinada pola media aritmética das puntuacións obtidas nos tres apartados dos que consta o proceso de selección.
O prazo de presentación de instancias será de 10 días naturais e comezará a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio nun xornal de tiraxe en toda Galiza. [O anuncio foi publicado o día 20 de novembro en El Ideal Gallego].
As bases completas pódense consultar en .pdf aquí.
Para máis información: 981 778 169
Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Vilasantar
O Concello de Vilasantar convoca unha praza laboral temporal de técnico/a de normalización lingüística que terá como principal obxectivo planificar, xestionar, executar e avaliar accións destinadas a fomentar o uso e prestixio da lingua galega en todos os sectores do ámbito municipal.