Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Val do Dubra
O Concello de Val do Dubra publicou no BOP de hoxe as bases e a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística (funcionario/a interino/a). O sistema de selección é a oposición libre e o prazo de inscricións é de 8 días hábiles.
O Concello de Val do Dubra publicou no BOP do 20 de xuño de 2022 as bases e a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística e apoio á Secretaría, como funcionario/a interino/a.
CARACTERÍSTICAS DA PRAZA
Trátase dunha praza do grupo A, subgrupo A2, nivel de complemento de destino 26, pertencente á escala de Administración especial, que se cubrirá en réxime de interinidade. O proceso selectivo servirá, así mesmo, para crear unha bolsa de traballo para cubrir hipotéticas substitucións.
REQUISITOS DE TITULACIÓN
Requírese licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), grao en Lingua Galega, ou calquera outra licenciatura ou grao pertencentes á área de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas e Sociais, sempre que se dispoña do Celga 5.
SISTEMA DE SELECCIÓN
O proceso de selección consistirá nunha oposición libre, que incluirá dúas probas obrigatorias e eliminatorias:
– Primeira proba: consistirá na resolución por escrito dun cuestionario de oitenta (80) preguntas tipo test, e (5) preguntas de reserva, con tres respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só unha delas será a correcta, correspondentes á parte xeral do programa que figura como anexo I das bases. O tempo de desenvolvemento desta proba será dun máximo de sesenta (60) minutos.
As respostas correctas valoraranse con 0,50 puntos, as non contestadas non se computarán e cada resposta incorrecta restará 0,25 puntos. A puntuación máxima deste exercicio será de 40 puntos e será preciso acadar unha puntuación mínima de 20 puntos para superar o exercicio.
– Segunda proba: dividirase en dúas partes de carácter obrigatorio e eliminatorio para as persoas aspirantes que superasen o exercicio obrigatorio previo:
a) Primeira parte: consistirá na resolución por escrito, nun tempo máximo de dúas (2) horas, de catro cuestións que formulará o tribunal, relacionadas coas materias correspondentes á parte específica do programa que figura como anexo I das bases. Estará dirixido a apreciar os coñecementos dos/das aspirantes relativos á materia específica do programa. Terase en conta a claridade e concisión na exposición das ideas, ademais do dominio da materia. A cualificación global deste exercicio será de 0 a 40 puntos. Cada pregunta cualificarase de 0 a 10 puntos, e será preciso acadar a puntuación mínima de 5 puntos en cada unha das cuestións para superalo.
b) Segunda parte: consistirá na realización dun suposto práctico dirixido a apreciar a capacidade dos aspirantes para levar a cabo as tarefas relacionadas co posto de traballo a que fai referencia o programa. Valorarase o rigor analítico, a sistemática e o conxunto de ideas en canto á elaboración dunha proposta razoada para a súa resolución. O tempo máximo para a súa realización, será de dúas (2) horas. O exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, e será necesaria para superalo unha puntuación mínima de 5 puntos.
PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes será de 8 días hábiles que se contarán desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP. É dicir, o prazo finaliza o 1 de xullo de 2022.
TAXA DO PROCESO SELECTIVO
A taxa para participar neste proceso selectivo é de 22,24 euros.
BOLSA DE TRABALLO
Constituirase unha bolsa de emprego coas persoas que superen o proceso selectivo e non resulten seleccionadas, para ser utilizada en futuros chamamentos que poidan resultar necesarios para cubrir vacantes temporalmente debidas a renuncias ou situacións de incapacidade temporal, maternidade ou paternidade do persoal municipal, entre outras. A bolsa será ordenada segundo a puntuación obtida no proceso selectivo. A bolsa de traballo terá unha vixencia de tres (3) anos.
Bases e convocatoria en .pdf (BOP do 20 de xuño de 2022)