Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Malpica de Bergantiños

O Concello de Malpica de Bergantiños anuncia a contratación laboral temporal dun técnico/a de normalización lingüística. O prazo para presentar as solicitudes remata o día 11 de maio.

O anuncio publicouse na edición Carballo de La Voz de Galicia do 30 de abril de 2009, e o prazo de presentación de solicitudes é de dez días naturais contados a partir do seguinte á publicación dese anuncio, polo que, tendo en conta que o día 10 é domingo, o prazo remata o 11 de maio.

O contrato é de grupo I e a súa duración será desde a sinatura até o final do convenio que o Concello de Malpica de Bergantiños ten coa Deputación da Coruña para o mantemento do SNL.

As bases poden descargarse en .pdf aquí.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio