O sistema de selección será o de concurso, en que se valorarán os méritos seguintes:
Experiencia laboral. Máximo 4 puntos.
1.1) Como normalizador/a lingüístico/a:
– Na administración pública: 0,20 puntos por mes de servizo.
– Na empresa privada: 0,10 puntos por mes de servizo.
1.2) Como profesor/a de lingua galega en colexios públicos ou privados.
– 0,15 puntos por mes de servizo.
1.3) Pola impartición de cursos de lingua galega.
– Menos de 20 horas: 0,10 puntos.
– De 20 a 49 horas: 0,30 puntos.
– De 50 a 99 horas: 0,50 puntos.
– De 100 horas ou máis: 0,70 puntos.
1.4) Pola realización de prácticas profesionais ou traballos como bolseiro a relacionados co posto:
– 0,05 puntos por cada 100 horas realizadas.
2.–Formación. Máximo 3 puntos
2.1) Asistencia a cursos, congresos, simposios, directamente relacionados coas tarefas a desenvolver e cursos de informática.
– Menos de 10 horas: 0,05 puntos.
– de 10 a 24 horas: 0,15 puntos.
– de 25 a 49 horas: 0,40 puntos.
– de 50 a 99 horas: 0,50 puntos.
– de 100 horas ou máis: 1 punto.
A fase de oposición consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego, nun tempo máximo dunha hora. A puntuación máxima será 10 puntos, debendo acadar un mínimo de 5 puntos.
Por último, realizarase unha entrevista persoa sobre as tarefas para desenvolver e méritos que se aleguen, e estará dirixida a apreciar a adecuación entre o aspirante e o perfil do posto de traballo. A puntuación será de 2 puntos.
Pode consultar as bases nesta ligazón
Praza de técnico/a de normalización lingüística do Concello de Dodro
O Concello de Dodro convoca unha praza en réxime laboral, con carácter temporal a media xornada, dun técnico ou técnica de normalización lingüística. O prazo de presentación é de dez días naturais que contarán dende a publicación das bases no Boletín Oficial da Coruña (18/09/2009).