A Deputación de Pontevedra publicou no BOP do 21 de maio de 2014 unha convocatoria pública de selección de persoal para integrar a bolsa de emprego para contratacións laborais temporais.
Entre os postos de traballo ofertados está o de técnico/a en Tradución e Interpretación, de grupo A1.
O proceso selectivo é o de concurso-oposición.
O requisito específico para optar a esta contratación é estar en posesión do título de graduado ou licenciado en Filoloxía ou en Tradución e Interpretación.
O prazo para presentar as solicitudes é de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria (BOP 21/5/14).
Posto de técnico/a en tradución e interpretación na bolsa de emprego da Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra selecciona persoal para contratacións temporais, e entre os postos ofertados está o de técnico/a en Tradución e Interpretación. O prazo remata o 2 de xuño