Porta aberta á difusión do galego no Bierzo

O Consello Comarcal do Bierzo, en colaboración con diferentes departamentos da Xunta, vai pór en marcha a partir do mes de setembro diferentes proxectos para a promoción do galego neste territorio, tal e como anunciou o deputado e presidente da Comisión de Educación e Cultura da Cámara, Bieito Lobeira.

Entre as diferentes medidas que se van levar a cabo, cómpre salientar programas de xuventude e de inmersión lingüística ou a mellora da recepción e cobertura da Radio Galega e da Televisión de Galicia nestas terras.



Este programa responde á proposición non de lei sobre a adopción de medidas na defensa do idioma galego nos territorios galegofalantes que actualmente non forman parte da Comunidade Autónoma de Galicia, que se presentou no Parlamento de Galicia hai xa un ano, onde tamén se ten previsto a comparecencia de representantes das entidades sociais e culturais do Bierzo para falaren da súa realidade e exporen as súas demandas.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio