Por unha web social verdadeiramente multilingüe

O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do IES da Pobra publicou a través da súa revista "A Tabarra Dixital" a campaña "Por unha web social verdadeiramente multilingüe", coa que se pretende difundir a presenza da lingua galega no funcionamento dun considerábel abano de ferramentas da web, así como estimular a creación da opción en galego noutras que aínda non o ofrecen.

Os/as autores/as publicaron unha faixa ou báner, como a que aparece ao final desta nova, para o colocardes nos teus web e para colaborardes a difundila.

Podedes acceder ao código na revista do EDNL do IES da Pobra, A Tabarra Dixital

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio