¿Por qué hablas gallego? Por que o preguntas?

Por que falas galego? E para que? Para que che serve? Pero porque te empeñas en seguir falándoo? Ademais, que galego falas? Ese inventado? Ou o bruto, da aldea?... A Coordinadora Galega de ENDL presenta a campaña Por que o preguntas?, co obxectivo de que a comunidade educativa reflexione sobre os prexuízos lingüísticos

Os/as galegofalantes teñen que escoitar preguntas deste tipo, que non só fan os/as castelanfalantes, senón toda unha sociedade comesta polos prexuízos, e que levan á discriminación das persoas galegofalantes e a fecharlle as portas do idioma ao resto da cidadanía. Mudar as imaxes negativas que existen sobre a nosa lingua é algo clave para avanzar na súa normalización.

Así, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) abriron na rede un espazo para darlle forma á campaña Por que o preguntas? e ila xestando pouco a pouco.

Polo de agora, están compilando algúns recursos e experiencias arredor desta temática, materiais que irán aumentando na medida que lles vaian facendo chegar todas aquelas persoas que os elaboren.

Nun principio, difunden un adhesivo cun deseño do debuxante Fran Bueno.

Info completa: www.coordinadoraendl.org/prexuizos/index.php
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio