Ponse en marcha Como cho digo ;-), para a visibilización do uso do galego na comunicación

Hai moitas máis persoas e entidades que usan normalmente o galego, do que os medios reflicten. Por iso se pon en marcha esta campaña, Como cho digo ;-), para visibilizar o uso do galego na comunicación. Para que se vexa a lingua galega nos medios

O que se quere facer con esta campaña, Como cho digo ;-), impulsada desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), é dicir que nos gustaría que o galego se vexa máis nos medios de comunicación e que, polo tanto, que estes o usen, cando menos, para informar dos actos desenvolvidos en galego, para reflectir as declaracións cando se fan en lingua galega, para crear informacións a partir de notas e comunicados redactados na nosa lingua, etc.

E é que cada día son moitas as entidades, asociacións, concellos, etc., que envían notas de prensa en galego, que organizan conferencias de prensa nas que se usa a nosa lingua, que desenvolven actos, etc., e que despois son traducidos nos medios, son comunicados na prensa noutra lingua. E o mesmo acontece con moitas persoas que fan declaracións, conceden entrevistas, etc.

Así convidamos a que o que se di ou acontece en galego, sexa transmitido nos medios nesta mesma lingua. E convidamos tamén ás persoas e entidades que teñen presenza pública e que estean de acordo con isto, a que se sumen a Como cho digo ;-).



De inicio, e como impulsoras da campaña, xa o fixeron moitas e de todos os ámbitos, como o deporte (Fernando Vázquez, Verónica Boquete, Moncho Fernández…), a música (Uxía, Roi Casal, Sés…), a universidade (os reitores das tres universidades galegas, Jorge Mira, Ángel Carracedo…), o asociacionismo (Ana Olveira, presidente da Unión de Consumodor@s; Susana Romero, voceira de controlador@s aére@s…), a literatura (Manuel Rivas, Yolanda Castaño, Pep Carreiro…), o teatro e o audiovisual (Mónica Camaño, Federico Pérez, María Mera…), a xustiza (José Juan Barreiro, Luís Villares…), etc.

Tamén de inicio, e como impulsoras, participan diversas entidades, como A Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), Nova Escola Galega, Asociación Galega de Onomástica (AGOn), Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT), Associaçom Galega da Língua (Agal), Xuíces para a Democracia ou Implicad@s no Desenvolvemento.

Nas vindeiras semanas e meses iranse desenvolvendo, a través de servizos de normalización lingüística (SNL) e de entidades varias, actos en diversos puntos do país para visibilizar a campaña e as novas adhesións.

E é que queremos que o galego se vexa. Como cho digo ;-)
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio