Phonogal, conversor fonético galego

Está na rede Phonogal, un conversor fonético automático para galego que xera a transcrición fonética e mais a estrutura silábica de palabras escritas tanto en galego como con ortografía portuguesa

Phonogal (www.phonogal.net) xera a transcrición no Alfabeto Fonético Internacional (IPA) e no Speech Assessment Methods Phonetic Alphabet (SAMPA) e mais analiza a estrutura silábica, tanto de palabras escritas en galego como con ortografía portuguesa.

Segundo sinala o equipo de Phonogal no seu sitio web, esta ferramenta non quere ser prescritiva, tan só producir representacións fonéticas posíbeis, mais sen pretender estabelecer un modelo de pronuncia.

Alén diso, permite observar o comportamento dalgúns fenómenos fonéticos e fonolóxicos frecuentes en galego, como o rotacismo ou a gheada.

Phonogal está baseado em Silaba, un divisor silábico libre, sobre o que se incorporaron varias listaxes de palabras, e bota man do Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega, coordinado por Xosé Luís Regueira e publicado polo ILG a pola RAG, de recursos libres como o LABEL-LEX, o DELAF-PB, dos dicionarios de galego e portugués de FreeLing, do dicionario Estraviz.org ou do Léxico da Galiza, da Academia Galega da Língua Portuguesa.

Phonogal é un proxecto privado que está en fase beta e está desenvolvido por un grupo de persoas anónimas.

O enderezo: www.phonogal.net
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio