PROGRAMA
11.30/13.00 h Charla-coloquio: a música en galego. Presidida por Xurxo Souto.
-Aíd
-Tonhito de Poi (Heredeiros da Crus, Rasa Loba)
-Sergio Lago (toupa.net)
-Xocas López (Eme2, The Homens)
13.30/14.30 h Programa de radio: Planeta Furancho.
16.30 h Actividades paralelas
-Galeoke
-Proxección de videoclips de artistas e grupos galegos
-Videomatón
18.15 h (Salón de actos do IES Audiovisual) Concerto acústico:
-Ataque Escampe
19.30 h (Auditorio do IES Audiovisual) Concerto final:
-Som do Galpom
-Terbutalina
-Marxe Esquerda
LUGAR
IES Audiovisual de Vigo
Rúa de Eduardo Cabello s/n (detrás do CSIC)
Bouzas
O foro Percebe Son nace ante as inquedanzas do Equipo de Normalización Lingüística do IES Audiovisual de Vigo e do alumnado de 2º de Produción Audiovisual, de Radio e Espectáculos.
Entre os obxectivos do foro están o de pór en contacto aos músicos máis novos con outros de consolidada traxectoria, así como dar a coñecer ao público bandas en galego que están a comezar e crear un espazo no que todo o mundo se sinta cómodo e animado á participación.
Blog do Percebe Son >
Percebe Son, foro musical e de entretemento para o galego
O xoves 17 de febreiro terá lugar en Vigo o Percebe Son, un foro cultural, musical e de entretemento en relación coa lingua organizado polo ENDL do IES Audiovisual de Vigo. Reflexión, actividades e concertos con Xurxo Souto, Aíd, Xocas López, o Galeoke, Ataque Escampe, Som do Galpom, Marxe Esquerda, etc.