Para transmitir o galego co poder emocional dos cantos de berce

O Servizo de Normalización Lingüística de Carballo organiza un obradoiro de nanas dirixido a nais e pais, presentes ou futuros, así como a outr@s familiares e formador@s que queiran aprender ou practicar o aproveitamento do poder emocional das nanas e cantos de berce para arrolar os bebés, transmitíndolles o galego desde o inicio

Este pequeno obradoiro terá catro horas de duración, e desenvolverase o mércores 21 e o mércores 28 de novembro, en horario de 17.00 h a 19.00 h, no Pazo da Cultura de Carballo. Nel poden participar un máximo de 25 persoas, ben soas, ben acompañadas do seu bebé. A inscrición é gratuíta e pode facerse no SNL do Concello de Carballo.

De impartir o obradoiro encargarase o músico bergantiñán Xabier Díaz, que é cantante do grupo Berrogüetto e aCadaCanto e que, entre outros proxectos, publicou o ano pasado o disco Arrolos de salitre, un álbum que contén precisamente 11 cantos de berce en galego. Este disco foi editado xunto co músico Guillerme Fernández, que tamén participará no obradoiro de nanas.

Nas dúas sesións das que consta este obradoiro, as persoas participantes aprenderán a cantarlles aos bebés diversas nanas galegas, tanto de autoría como populares.

Xa o ano pasado se organizou desde o SNL carballés un obradoiro de características semellantes, que fora impartido pola cantante Ugia Pedreira e que tivera moi boa aceptación.

Info no web do Concello de Carballo >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio