Para curiosear, coñecer, aprender, xogar…, as palabras xa teñen portal

Poñémoslle nome a todo o que nos arrodea ou imaxinamos. Denominamos o que existe e o que non. As palabras evocan o mundo todo e fan que as nosas neuronas faísquen para que obxectos, seres e situacións pasen pola cabeza... E naceu O Portal das Palabras, iniciativa da RAG para a difusión do léxico galego

Con vídeos, con xogos, co dicionario, con outro dicionario de sinónimos, cunha “palabra do día”, con novas, con “palabras asinadas”, con consultas… Con todo isto e moito máis nace O portal das palabras, unha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié.

E, claro, a mellor maneira de coñecelo é fedellando nel, así, que, adiante! O enderezo: www.portaldaspalabras.org

Ah, e chega con apps do Dicionario para móbiles e tablets con sistemas iOS e Android…
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio