Para, contra a violencia, recuperarmos a lingua

Os servizos de normalización lingüística da Universidade da Coruña e do Concello da Coruña, xunto coa Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña organizan unha campaña que ten por obxectivo o de vincular a defensa e promoción da lingua galega coa da loita contra a violencia exercida contra as mulleres, pois o abandono histórico da lingua por parte das mulleres pode e debe ser entendido como un tipo de violencia de xénero.

A campaña terá o seu acto principal o vindeiro 25 de novembro, Día da Non-Violencia contra as Mulleres, e consistirá nunha lectura pública dos textos que garden relación coa temática e sexan recibidos até a data.



Todas aquelas persoas interesadas en participaren poden facelo achegando o seu texto, inédito ou xa publicado, por correo electrónico ao enderezo snl@udc.es.



Máis información en: http://www.udc.es/snl/dinamiza_25_novembro.html
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio