Para animar en galego, sen escusas nin atrancos

"Por costume e comodidade falo castelán", "rinse de min se falo en galego", "exprésome mellor en castelán", "non me gusta o galego", "na normativa do galego hai continuos cambios"... Diversas persoas contestan a estes argumentos dados por monitores/as de campamentos urbanos de tempo libre no caderno Para animar en galego, sen escusas nin atrancos, publicado pola Comisión Xalgarete da Asociación Xuvenil Amencer de Ourense.

A Comisión Xalgarete, da Asociación Xuvenil Amencer, de Ourense, observou que nas actividades de lecer os animadores e as animadoras utilizaban maioritariamente o castelán, polo que, en primeiro lugar, querían saber o porqué e, en segundo lugar, querían animar de xeito efectivo a que os monitores e monitoras utilizaran máis o galego.

Así, preguntáronlles a arredor de cen persoas animadoras voluntarias de campamentos urbanos dos centros xuvenís Don Bosco, e houbo respostas de diverso tipo, como por exemplo “porque me educaron en castelán”, “porque a maioría dos rapaces e rapazas dos campamentos falan castelán”, “porque non domino ben o galego”, “porque non me gusta o galego”, “porque mesturo o galego co castelán”, etc.

Para rebater estes diferentes impedimentos expresados, desde a Comisión Xalgarete pedíronlles razóns a diferentes persoas, argumentos e motivacións que animen a animar en galego no tempo de lecer.

O resultado é o caderno Para animar en galego, sen escusas nin atrancos, unha ferramenta para axudar a animar en galego no tempo libre.



Sen imposicións nin mentiras, nas profundas e orgullosas motivacións participan diversas persoas comprometidas coa normalización lingüística, como, por exemplo, Roberto Catoira, Rubén Rivas, Rubén Aramburu, Xan Guillén, Séchu Sende, Henrique Monteagudo, Xabier P. Docampo, etc.

Ademais, a guía inclúe referencias a diversos recursos para seguir afondando no tema.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio