Para a transmisión interxeracional do galego: X Curso de verán de dinamización lingüística #traballandoenlingua. Carballo, 9-11 de xullo

Cos obxectivos principais de coñecer e analizar condicionantes que rompen ou dificultan a transmisión interxeracional da lingua, de avaliar experiencias e de propor medidas de intervención que melloren a transmisión do galego, Carballo acolle un ano máis o Curso de verán de dinamización lingüística organizado pola UdC en colaboración coa CTNL. Ten lugar do 9 ao 11 de xullo e o prazo de matrícula xa está aberto

[Podes descargar o programa e a información completa do curso en .pdf aquí>]

PRESENTACIÓN

O Curso de verán sobre dinamización lingüística “Traballando en lingua” chega á súa décima edición. Un encontro anual estabilizado en que nos nove anos anteriores se fixeron análises, debates, reflexións e propostas de cara á mellora do proceso de normalización da lingua galega, traballando o discurso, os argumentos, as accións, a creatividade, a implicación, os métodos, etc.

E nesta décima edición decidimos centrar o traballo en algo fundamental, ou no fundamental, para o futuro da lingua: a transmisión interxeracional. Así, o programa centrarase na análise da transmisión interxeracional do galego, cos obxectivos de coñecer e analizar condicionantes que dificultan ou rachan esa transmisión, avaliar experiencias desenvolvidas e propor medidas e accións de intervención.

En definitiva, un curso que procura mellorar a transmisión interxeracional da lingua galega.

OBXECTIVOS

>Coñecer e analizar condicionantes que dificultan ou rompen a transmisión interxeracional da lingua galega.

>Avaliar experiencias de intervención desenvolvidas para a mellora da transmisión interxeracional do galego.

>Propor medidas de intervención que melloren a transmisión da lingua ás xeracións máis novas.

LUGAR E DATAS

Fórum Carballo. Rúa do Xílgaro s/n. A Milagrosa. Carballo

Mércores 9, xoves 10 e venres 11 de xullo de 2014

CUSTO

O custo da matrícula inclúe a participación en todas as actividades do curso, a documentación que se utilice, o xantar do mércores 9 e do xoves 10, a visita a Baldaio e os almorzos conxuntos dos tres días.

>Para socias/os da CTNL, estudantado das universidades e de FP, comunidade universitaria da UDC, persoas desempregadas e pensionistas: 30 €

>Para as demais persoas: 50 €

MATRÍCULA E PARTICIPACIÓN

O número de participantes está limitado a 70 persoas, por orde inscrición

O prazo de matrícula remata o día 4 de xullo.

A matrícula debe facerse a través da Oficina de Cursos da UdC: http://www.udc.es/occ/cursos_congresos_simposios/cursosveran/cursos2014/curso17.html

PROGRAMA

[Podes descargalo aquí en .pdf >]

MÉRCORES 9 > Contextualización, análise e experiencias

9.30 h a 10.00 h Recepción e entrega de documentación

10.00 h a 10.30 h Inauguración e benvida

-Representantes da CTNL, SXPL, Universidade da Coruña e Concello de Carballo

10.30 h a 12.00 h Conferencia marco

Transmisión interxeracional da lingua. Contextualización e factores determinantes

Brauli Montoya. Catedrático de sociolingüística da Universitat d’Alacant

12.00 h a 12.30 h Café conxunto

12.30 h a 14.30 h Relatorio

A fractura da transmisión interxeracional da lingua galega. Canto, cando, como

Xaquín Loredo. Sociolingüista da Real Academia Galega (RAG)

Valentina Formoso. Sociolingüista, profesora e coordinadora xeral da CGENDL

14.45 h Xantar conxunto

16.30 h a 18.00 h Debate-entrevista

Ás nosas fillas e fillos transmitímoslles o galego, mais…

Belén Regueira (moderadora). Xornalista, presentadora de radio e televisión

-Entrevista-debate con varias/os nais e pais

18.00 h a 18.30 h Descanso

18.30 h a 20.30 h Exposición e valoración de experiencias

A experiencia das desaparecidas liñas de Educación Infantil en galego

Dolores Oubiña. Directora da EEI Pastora de Cambados

A experiencia das escolas infantís públicas

Ana Abelenda. Educadora infantil da Galiña Azul

A experiencia do proxecto da Escola Infantil Raiola de Santiago

Rita Iglesias. Directora de Raiola

XOVES 10 > Propostas de actuación

9.30 h a 10.30 h Experiencia e avaliación de intervencións desenvolvidas

Teño unha lingua, e non é de trapo

Marta Besada. Ex-técnica do DLG do Concello de Santiago de Compostela

Do berce á rúa. Medra coa lingua

Adela Pita. Técnica do SNL do Concello de Narón

10.30 h a 11.15 h Presentación de proposta

Prende no colo. Obradoiro de xogos de dedos, cantigas, recitados…

Luís Prego. Profesor e autor dos libros Xogos musicais e Para cantar e bailar

11.15 h a 11.45 h Café conxunto

11.45 h a 12.30 h Presentación de proposta

Coñecemento e manexo de materiais en galego para escolas infantís

Ruth Caramés. Deseñadora e dinamizadora

12.30 h a 14.30 h Actividade lúdica

Visita ao espazo natural Razo-Baldaio

Guiada por Senda Nova

14.45 h Xantar conxunto en Baldaio

17.00 h a 18.00 h Proposta de intervención

Presentación e explicación de proposta de intervención desde os SNL para fomentar e/ou mellorar a transmisión interxeracional do galego

Conchi Cochón. SNL do Concello de Pontevedra

Nel Vidal. SNL do Concello de Carballo

Rosa Moreiras. SNL do Concello de Ames

Soco García. DLG do Concello de Santiago de Compostela

18.30 h a 20.30 h Grupos de traballo e participación

Propostas para a mellora da transmisión interxeracional do galego

VENRES 11 > Propostas de actuación

10.00 h a 11.30 h Relatorio

Hai camiños para mellorar a transmisión interxeracional da lingua

Paula Kasares. Sociolingüista da Universidade Pública de Navarra (UPNA)

11.30 h a 12.15 h Presentación de proposta

Obradoiro de cantos de berce

Xabier Díaz. Cantor

12.15 h a 12.45 h Café conxunto

12.45 h a 14.00 h Conferencia de clausura

Para a transmisión interxeracional do galego

Mariló Candedo, profesora da Universidade da Coruña (UdC)

ORGANIZA

Universidade da Coruña. Servizo de Normalización Lingüística

COLABORAN

-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

-Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

-Concello de Carballo

MÁIS INFORMACIÓN

Servizo de Normalización Lingüística UDC

snl@udc.es

Tfno.: 981 167 000 ext. 1042

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio