Palabras sobre xogos que comecen por C-: Catapalabras

Xa está na rede o Catapalabras, un xogo en rede no que cada participante debe escribir palabras que encaixen en certas categorías elixidas ao azar e que comecen por unha letra determinada. Este xogo vense sumar ao Trivial, ao Letrad@s e ao xogo da Curuxa, que pretenden contribuír á galeguización dos espazos do lecer e do xogo que na actualidade sofren unha importante carencia

A Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG) amplia a súa oferta de xogos educativos na rede co Catapalabras, un xogo no que poden participar de dous/dúas a catro xogadores/as e que consiste basicamente en que cada quen escriba palabras que encaixen en certas categorías elixidas ao azar (froitas, animais etc.) e que comecen por unha letra determinada obtida tamén aleatoriamente a través dun dado de 20 caras.

O obxectivo é conseguir a puntuación máis elevada posíbel, que dependerá da cantidade de palabras correctas que se escriban e do número de persoas que escriban a mesma palabra, xa que as palabras repetidas non puntúan.

Este xogo vense sumar ao Trivial, ao Letrad@s e ao xogo da Curuxa, todos eles cun alto índice de aceptación e participación, e pretende contribuír á galeguización dun espazo vital, o do lecer e o xogo, que na actualidade sofre unha importante carencia de posibilidades pensadas desde Galiza

O xogo, as características, normas e demais pode verse na ligazón www.as-pg.com/catapalabras/login.htm

Botámoslle unha partidiña?
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio