Ouff Escola 2010. Certame para impulsar a creación audiovisual en galego

A mellor creatividade audiovisual en galego ten premio! O II Certame de Cinema OUFF Escola pretende impulsar o uso da lingua galega entre a mocidade e fomentar a creatividade audiovisual, nunha linguaxe e ámbito atractivo para os/as máis novos/as

Ouff Escola 2010 é un certame de creación audiovisual en galego para a mocidade, que ten lugar dentro da XV edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, e que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O certame conta con dúas categorías, unha para infantil e primaria, e outra para o resto de niveis de ensino non universitario.

As obras presentadas poden tratar de calquera tema, teñen que estar en galego e deben ser orixinais (non comercializados nin premiados anteriormente). A súa duración máxima será de 20 minutos e cada obra será enviada nun DVD antes do 20 de xuño de 2010 ao seguinte enderezo: Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF Escola), rúa da Canle, 2, CP 32004 – Ourense 6

Información completa sobre o certame >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio