Os XXII Encontros para a normalización lingüística serán en liña
A vixésimo segunda edición dos Encontros para a Normalización Lingüística terá lugar en liña do 13 ao 19 de novembro e manterá o programa inicial da convocatoria do pasado mes de abril, adiada pola situación sanitaria. No novo formato non é necesaria inscrición.
A integración lingüística como ferramenta de cohesión social seguirá a ser o ámbito de análise desta nova edición dos Encontros para a Normalización Lingüística. Durante cinco xornadas avaliarase o traballo desenvolvido ata agora aquí e noutras realidades, presentaranse e analizaranse experiencias e dedicarase unha atención especial ao sistema dos Celga, por ser a principal ferramenta de formación a que acoden as persoas de fóra para integrarse desde o galego.
DESENVOLVEMENTO DUNS ENCONTROS VIRTUAIS
A situación sanitaria obrigou a un cambio de formato onde o encontro será virtual. Para favorecer o seguimento combinaranse intervencións gravadas con debates en directo.
Todos os relatorios estarán gravados con antelación e estarán dispoñibles desde o venres 13 de novembro no web do Consello da Cultura Galega
Os debates terán lugar en liña nas tardes do 16 ao 19 de novembro (ás 18.30), no mesmo web. Para participar neles, pódense enviar preguntas ao enderezo participa@consellodacultura.gal, desde o momento en que están dispoñibles os vídeos ata a finalización do coloquio de cada xornada.
Os XXII Encontros para a Normalización Lingüística finalizarán cunha actuación da contadora de historias Soledad Felloza.
Non é necesaria inscrición previa para participar nin nos debates nin en ningunha outra sesión.
PROGRAMA
Venres 13 de novembro
14.00 horas. Publicación dos relatorios gravados dos XXII Encontros para a normalización lingüística en consellodacultura.gal.
Luns 16 de novembro
18.30 horas. Debate en directo sobre os relatorios:
Inmigración e lingua(s): o debate da diversidade como riqueza cultural (relatorios gravados)
– Belén Fernández Suárez, Universidade da Coruña
– Vicent Climent-Ferrando, Universitat Pompeu Fabra
Modera: Gregorio Ferreiro
Martes 17 de novembro
18.30 horas. Debate en directo sobre as intervencións:
A formación de adultos en galego como ferramenta de integración social: o sistema Celga (relatorios gravados)
– Xaquín Núñez Sabarís, Universidade do Minho
– Manuel Núñez Singala, SNL da Universidade de Santiago de Compostela
Propostas de aproveitamento dos cursos Celga para o acollemento e a cohesión social (intervencións gravadas)
– María López, profesora dos cursos Celga
– Rosa Moreiras, SNL do Concello de Ames
– Olga López, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia
Modera: David Cobas
Mércores 18 de novembro
18.30 horas. Debate en directo sobre os relatorios:
Inmigración e acollida lingüística en Euskadi e Cataluña (relatorios gravados)
– Ángels Guerrero, Servei de Recursos Lingüístics, DGPL, Generalitat de Catalunya. Acollida lingüística da poboación inmigrante adulta
– Miren Biotza Piko, Berritzegune de Vitoria-Gasteiz, Departamento de Educación, Goberno Vasco. Acollida no sistema educativo non universitario
Modera: Valentína Formoso
Xoves 19 de novembro
18.30 horas. Debate en directo sobre as experiencias:
Integrarmos o colectivo inmigrante desde o sistema educativo (intervencións gravadas)
– Valentina Formoso, IES do Milladoiro. Programa de adquisición de linguas
– Bernardo Penabade, IES Perdouro. Modelo Burela
– Loli Castiñeira, Concello de Salceda de Caselas. Programa de apoio lingüístico
Integrarmos o colectivo inmigrante desde os servizos de normalización lingüística (intervencións gravadas)
– Leonardo Pena, Servizo de Atención ao Inmigrante do Concello de Ames. En galego, co teu acento
– Concha Diéguez, Reverso Comunicación. En galego tamén noutros mundos
– Isabel Vaquero. SNL da Universidade de Santiago de Compostela. Cambia a túa mirada
Moderan: Marta Souto e Anxos Sobriño
20:00 horas. Actuación de Soledad Felloza
INSCRICIÓN
Este novo formato dos Encontros non require inscrición.
Organiza: Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega coa colaboración da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística)
Programa en .pdf e máis información no web do CDSG.
Conclusións dos XXII Encontros para a Normalización Lingüística, en pdf