Os XXI Encontros para a Normalización Lingüística estarán dedicados á divulgación científica

Divulgación científica en Galicia. Cal é o peso (atómico) do galego? é o suxestivo título para a vixésimo primeira edición dos Encontros para a Normalización Lingüística, que terán lugar na Cidade da Cultura de Galicia (Auditorio Xosé Neira Vilas) o 4 e o 5 de abril. A inscrición, gratuíta, está aberta.

O eixo temático desta edición será a divulgación científica, tentando animar á reflexión sobre a necesidade e oportunidade do uso da nosa lingua para elaborar e transmitir contido científico.

Alén disto, os Encontros destinarán un espazo específico á presentación e difusión de iniciativas e experiencias normalizadoras, tanto no programa presencial a través das mesas de experiencias e os contextos coma na Artesa, a mostra de recursos.

Datas: 4 e 5 de abril de 2019

Lugar: Auditorio Xosé Neira Vilas, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, Santiago de Compostela

Inscrición: gratuíta a través do formulario desta páxina. O número de prazas está limitado a 100, que se cubrirán por orde de inscrición.

PROGRAMA

XOVES, 4 DE ABRIL (sesión da tarde)

16:15 horas. Inauguración: Rosario Álvarez, Valentín García e Marilar Aleixandre

16:45 horas. Relatorio: Divulgación científica e lingua. Unha ollada á situación actual

Iolanda Fernández Casal, xornalista e membro da Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade do CCG

Presenta: Rosario Álvarez

17:30 horas. Mesa redonda: As vantaxes de divulgar en galego

Modera: Anxos Sobriño

Interveñen:

Javier Balea, Moléculas en galego

Elena Vázquez Abal, Facultade de Matemáticas, USC

X. Dosi Veiga, Ceos Galegos

18:15 horas. Pausa – Visita Artesa

18:45 horas. Mesa de experiencias: Divulgación científica no ensino secundario

Modera: Cibrán Arxibai

Interveñen:

Cibrán Arxibai, IES Losada Diéguez da Estrada

Xosé Manuel Fernández Castro, IES Maruxa Mallo de Ordes. Axencia Espacial Escolar Galega

Camilo Ojea, CPI Mosteiro Meis. Proxecto Ríos e Fitofaladoiro

Xacobo de Toro, IES Urbano Lugrís de Malpica. XeoClip

VENRES, 5 DE ABRIL (sesión da mañá)

9:45 horas. Mesa de debate: Ciencia, muller e lingua

Modera: Marilar Aleixandre

Interveñen:

Patricia Conde, Faculdade de Ciências, Universidade de Lisboa

Marta Piñeiro Núñez, Laboratorios de Investigación Lilly, Indianápolis-USA

Marisol Soengas, Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas

10:30 horas. Mesa redonda: Hai público para a divulgación científica en galego?

Modera: Marta Souto

Interveñen:

Vicente Mohedano, Peripeciencia

Manuel Rey, GCiencia

Miguel Vázquez Freire, Xerais Básicos Ciencia

Manuel Vicente, Efervesciencia

11:30 horas. Pausa – Visita Artesa

12:00 horas. Mesa de experiencias: Cooperar para divulgar ciencia

Modera: Gregorio Ferreiro

Interveñen:

Vanesa Estévez Vaqueiro, Concello de Pontevedra. Ponteciencia

María Rozamontes, Concello de Arteixo. Saídas de Turismo Científico

Marta Souto, Concello de Vigo. Achégate ás ciencias… en galego

13:00 horas. Mesa de experiencias: @s de letras tamén divulgan

Modera: Xusto Rodríguez

Interveñen:

Saúl Iglesias, Ciención de Breogán

Elisardo Juncal, Galipedia

Martin Pawley, Boletín da Unión Internacional de Astronomía

VENRES, 5 DE ABRIL (sesión da tarde)

16:00 horas. Contextos

Aula 1. Biblioteca e Arquivo de Galicia: Obradoiro de subtitulación en YouTube con Xacobo de Toro

Presenta: Xusto Rodríguez

Sala Off. Cidade da Cultura: Obradoiro de edición/tradución na Galipedia con Elisardo Juncal

Presenta: María Justo

18:00 horas. Relatorio: As miñas linguas e mais eu. Algunhas reflexións sobre a mente e a linguaxe

Xurxo Mariño, membro da Sección de Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade do CCG

Presenta: Bieito Silva

19:00 horas. Voute contar, discurshow de Vicente Mohedano

19:45 horas. Conclusións e clausura, Rosario Álvarez

Alén disto, tamén haberá un grupo de Facebook, que permitirá compartir información e iniciar o debate antes das sesións presenciais. Animámosvos a unirvos ao grupo e participar nos debates, propor ideas, dúbidas, etc.



Programa en .pdf
e máis información no web do CDSG.

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio