Os SNL como centros xestores de recursos públicos

Santiago de Compostela, 6, 9 e 14 de novembro de 2023 (20 horas de duración)
Listaxe de persoas admitidas, en .pdf

PRESENTACIÓN

A finalidade desta actividade formativa é coñecermos con máis profundidade a xestión pública co fin de abordar con seguranza desde os SNL o procedemento administrativo, a convocatoria e resolución de subvencións, a elaboración de contratos, etc.

OBXECTIVOS

– Coñecer o procedemento administrativo xeral que afecta aos SNL

– Achegarse aos trámites administrativos habituais que se desenvolven nos SNL: expedientes administrativos, contratos, subvencións, orzamentos…

– Fornecer dos recursos básicos para desenvolver o traballo de xestión administrativa nun SNL

CONTIDOS

Mód. 1. O procedemento administrativo

– Obxecto das leis 39/2015 e 40/2015

– Contido, ámbito de aplicación e proceso de entrada en vigor

– Principais novidade de ámbalas dúas leis.

– Os consorcios locais: réxime de adscrición, réxime de persoal, creación, disolución e contido

– Capacidade e representación

– Identificación e sinatura electrónica

– Administración electrónica: dereitos do cidadán

– Motivación dos actos e prazos para resolver

– Cambios no silencio administrativo

– Termos e prazos, notificacións

– Especialidades no exercicio da potestade sancionadora e na responsabilidade patrimonial

– A revisión dos actos en vía administrativa

– Os recursos administrativos: características xerais

– O recurso de alzada

– O recurso potestativo de reposición

– O recurso extraordinario de revisión

Mód. 2. Os orzamentos locais. Regulación orzamentaria local, estrutura e aprobación

– O orzamento como instrumento da xestión económica das administracións públicas

– O réxime orzamentario

– Os principios orzamentarios

– Clasificación por programas de gastos

– Clasificación económica de gastos

– A aplicación orzamentaria e bolsas de vinculación

– Fondo de continxencia

– Clasificación de previsión de ingresos

– Taller práctico

– As bases de execución

– Os anexos do orzamento xeral

– Elaboración e aprobación do orzamento

– A prórroga do orzamento e as modificacións orzamentarias

Mód. 3. As subvencións

– Obxecto. Concepto de subvención

– Ámbito de aplicación subxectivo

– Exclusións do ámbito de aplicación da lei

– Réxime xurídico das subvencións

– Requisitos para a concesión

– Beneficiarios

– Obrigas dos beneficiarios

– O procedemento da concesión de subvencións

– As bases reguladoras da concesión das subvencións

– Concesión directa

– Réxime de concorrencia competitiva

– Xestión orzamentaria das subvencións

– Procedemento de xustificación da subvención pública. Procedemento de xestión orzamentaria

Mód. 4. Os contratos do sector público

– A contratación do sector público nas AAPP

– Tipoloxía xeral de contratos

– Negocios e contratos excluídos

– As prohibicións de contratar

– Os prezos nos contratos

– Os anticipos de caixa fixa

– A función interventora na fase de preparación, adxudicación e no control

– A nova regulación do contrato menor

– O procedemento aberto simplificado

– O procedemento negociado con e sen licitación

– Criterios de adxudicación e valorización de criterios

– As mesas de contratación

– Aclaración de ofertas

– Ofertas desproporcionadas

– Formalización e publicidade

– Obrigas do responsable da execución

– Recepción e garantía

– Resolución anticipada

DOCENTE

Mónica Legaspi Díaz, interventora xeral da Deputación Provincial de Ourense.

É licenciada en Ciencias Económicas e en Dereito con ampla experiencia docente na área da xestión pública, tanto nas universidades de Santiago de Compostela e Vigo como para a EGAP, a INAP, a Fegamp, a AGASP e diferentes concellos e deputacións.

PERSOAS DESTINATARIAS

– Técnicos/as de servizos de normalización lingüística (SNL)

– Traballadores/as de empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización da lingua

– Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua

Límite de prazas: 25

CALENDARIO

Prazo de solicitude de participación: desde o 05/10/2023 até o 25/10/2023, a través do formulario habilitado ao final desta información

-Publicación da listaxe de persoas admitidas: 26/10/2023

-Prazo para facer o ingreso de matrícula: do 26/10/2023 até o 05/11/2023

-Desenvolvemento do curso: 6 de novembro (de 10.00 a 14.00 h), 9 de novembro (de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h) e 14 de novembro (de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h).

DURACIÓN TOTAL

20 horas

LUGAR DAS SESIÓNS PRESENCIAIS

Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Norte, Avda. de Castelao, s/n, Santiago de Compostela)

PREZO

-Para socias/os da CTNL: 30 euros

-Para estudantes ou desempregados: 45 euros

-Para non socias/os da CTNL: 80 euros

INSCRICIÓNS

A través do formulario que estará habilitado para o efecto ao final desta información do 05/10/2023 até o 25/10/2023. Aviso: só se habilitará o formulario durante o prazo de inscrición.

Dado que o número de prazas é limitado, respectarase a orde de inscrición con preferencia para os/as socios/as da CTNL.

Non se debe pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas.

As persoas admitidas deben ingresar o importe da matrícula na conta da CTNL en Abanca número ES18-2080-0377-04-3040004060, indicando o seu nome completo e mais o concepto “Curso xestión pública”.

Se unha persoa está na listaxe de admisión e non vai participar no curso, debe comunicalo por teléfono ou correo electrónico o máis axiña posíbel, para así podermos incorporar, con suficiente antelación, a seguinte persoa da listaxe de agarda.

ORGANIZA

-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

COLABORAN

-Facultade de Filoloxía, Universidade de Santiago de Compostela

-Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Secretaría Xeral de Política Lingüística)

+info: info@ctnl.gal | 629 571 950

NOTA SOBRE O FORMULARIO: DESPOIS DE CUBRIR O FORMULARIO, DEBES VALIDAR A INSCRICIÓN PREMENDO NA LIGAZÓN DE VALIDACIÓN QUE CHE CHEGARÁ AO CORREO ELECTRÓNICO QUE INDIQUES. A INSCRICIÓN NON CONSTARÁ ATÉ QUE PREMAS NESA LIGAZÓN NO TEU CORREO ELECTRÓNICO
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio