Todos os/as nenos/as de Ames que queiran participar neste concurso deben depositar as súas cartas, escritas en galego, nas caixas de correo real distribuídas por diferentes lugares do concello antes do vindeiro 29 de decembro.
Os reis magos contestarán todas as cartas recibidas e o 5 de xaneiro, durante a cabalgata real, eles mesmos farán a entrega dos premios.
Consulta aquí a carta que os Reis lles enviaron aos nenos e ás nenas de Ames [.pdf]
Os reis magos pídenlles axuda a nenos e nenas de Ames para facerlle un agasallo ao idioma
O concurso de cartas aos Reis Magos, tal como prometeron as súas maxestades o ano pasado, volve unha vez máis a Ames. E así, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames organiza o III Concurso de cartas en lingua galega aos reis magos.