Os medios en galego asócianse para defender a comunicación na lingua propia

Tempos Novos, Novas da Galiza, Galicia Confidencial, Que Pasa na Costa, Xornal Certo, Radiofusión, de Luns a Venres, Praza Pública, O Compás e Valminor.info son os impulsores da nova Asociación de Medios en Galego

Afortalar os medios en galego, consolidar un espazo de comunicación na lingua propia ou contribuir á profesionalización do sector dos medios en galego son parte dos obxectivos da Asociación de Medios en Galego que se acaba de constituír.

Polo momento, dez medios en galego forman parte desta asociación; Tempos Novos, Novas da Galiza, Galicia Confidencial, Que Pasa na Costa, Xornal Certo, Radiofusión, de Luns a Venres, Praza Pública, O Compás e Valminor.info.

A iniciativa está aberta a todos os medios editados en galego e ten a súa orixe na experiencia Vitaminas para o Galego, unha iniciativa impulsada o pasado ano que desenvolveu varios eventos xornalísticos e culturais en defensa do noso idioma.

Os principais obxectivos da nova Asociación de Medios en Galego serán defender os intereses dos seus asociados favorecendo así o afortalamento dos medios de comunicación en galego. Tamén contribuir ao proceso de asentamento do sector dos medios de comunicación de información xeral na lingua propia e á consolidación dun espazo de comunicación en galego fomentando a presenza pública, tanto individual como conxunta, dos medios de comunicación neste idioma.

Máis información en www.mediosengalego.org
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio