Os marcadores da CTNL: máis de 350 ligazóns nunha soa páxina

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) acaba de abrir un novo espazo na rede de marcadores sociais Delicious.com, a través do que se poderá acceder a máis de 350 ligazóns relacionadas coa normalización e coas funcións dos servizos de normalización lingüística
.

A páxina da CTNL no Delicious, accesíbel a través do enderezo http://delicious.com/CTNL, nace coa intención de recompilar todos aqueles recursos na rede relacionados coa normalización nun mesmo espazo web. Até o momento conta con máis de 350 ligazóns relacionadas coa dinamización (campañas, folletos, carteis…), a terminoloxía (vocabularios, dicionarios…), o asesoramento lingüístico (manuais, correctores…) ou a lexislación.

Na parte inferior desta páxina, poderás descargar un pequeno manual para familiarizarse co emprego da páxina web de Delicious.com/CTNL.

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio