Os equipos de normalización de Ferrol difunden a figura de Carvalho Calero a través dun web

A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra e o Concello de Ferrol puxeron en marcha un sitio web para a información e reflexión sobre a vida e a obra do intelectual ferrolán Ricardo Carvalho Calero

www.ferrolconcarvalhocalero.com

O Concello de Ferrol conmemorou o pasado ano 2010 o centenario do nacemento dun dos seus fillos máis ilustres, don Ricardo Carvalho Calero. Foron varias as actividades realizadas co fin de lembrar e poñer en valor con dignidade a súa figura: actividades culturais, xornadas literarias, teatro, pouco despois a materialización da compra da súa casa no barrio de Ferrol Vello, para a súa posterior recuperación, e a proposta da declaración do Día das Letras Galegas 2012 para Ricardo Carvalho Calero.

Segundo manifestan desde o Concello, “O coñecemento e o entusiasmo pola obra de Carvalho Calero debe seguir viva e non deixar esmorecer o entusiasmo posto na celebración do centenario, e así naceu esta páxina, co obxectivo de que, pasado o centenario, haxa un espazo dinámico e aberto para o mundo do ensino en que as posibilidades de achegarse a figura de Carvalho Calero, de traballar coa súa obra, de interpretala e coñecela, se manteña de forma permanente”.

Esta idea xurdiu do dinamismo da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e do propio Departamento de Normalización do Concello de Ferrol e concrétase nesta páxina deseñada pola empresa Tagen Ata.

Segundo sinalan, “Ofrecemos esta páxina como un campo de traballo aberto para a comunidade educativa que nos permita todos coñecer e valorar o noso autor como corresponde. O profesorado e o alumnado poderán achegar recursos e as súas actividades á páxina ao longo do curso, co fin último de que a fagan súa e a utilicen como un recurso educativo propio”.

O Concello, desde o departamento de Normalización Lingüística, ofreceralles nestes meses, como complemento desta actividade, obradoiros formativos para a utilización do xestor de contidos para este espazo web.

www.ferrolconcarvalhocalero.com

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio