XXVII Encontros para a NL

Os Encontros para a Normalización Lingüística abordan a situación dos SNL e dos EDLG

Os XXVII Encontros para a Normalización Lingüística terán lugar o martes 21 de outubro das 9:15 ás 19:30 h no Consello da Cultura Galega.

Lingua en acción: pasado, presente e futuro dos equipos e servizos de normalización lingüística é o título con que os Encontros para a Normalización Lingüística analizarán o percorrido, a situación actual e o futuro destas unidades técnicas para a promoción da lingua. Será durante a xornada do martes 21 de outubro no Consello da Cultura Galega.

Tras un estudo preliminar a través de cuestionarios ás persoas responsables de SNL e EDLG, na sesión do 21 de outubro presentaranse os seus principais resultados. Así mesmo, a partir dos datos extraídos farase unha abordaxe cualitativa en dúas mesas de debate: unha delas con técnicos e técnicas de normalización lingüística e outra con docentes responsables de equipos de dinamización da lingua galega.

O labor de ambos os perfís tamén se analizará desde a perspectiva da eficacia, pois en dúas mesas presentaranse experiencias de traballo co fin de extraer delas propostas de mellora e reactivación dos EDLG e SNL.

A xornada pecharase coa actuación das integrantes de Regueifa Tour, a xira de regueifa que busca achegar a improvisación oral en verso á mocidade nos seus ámbitos de lecer.

Os XXVII Encontros para a Normalización Lingüística terán lugar o 21 de outubro de 2025, na sede do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar, praza do Obradoiro, s/n, Santiago de Compostela).

PROGRAMA

Sesión da mañá

  • 9:15 horas: inauguración
  • 9:30 horas: RELATORIO: Análise da situación actual dos SNL da Administración pública galega e dos EDLG dos centros de ensino
    Håkan Casares Berg, Observatorio da Cultura Galega (CCG)
    Ana Iglesias Álvarez, Comisión Técnica do CDSG (CCG)
  • 10:30 horas: MESA COLOQUIO: Pasado con pegada e futuro en construción: o traballo dos servizos de normalización lingüística (SNL)
    Beatriz Bascoi Maceiras, SNL do Concello de Ferrol
    Manuel Núñez Singala, SNL da Universidade de Santiago de Compostela
    Carme Pereiro Felípez, SNL do Concello de Carballo
    Inma Seage Freire, SNL dos concellos de Rois e Dodro
    Coordina e modera: Mónica Fernández Valencia
  • 12:00 horas: pausa
  • 12:30 horas: MESA COLOQUIO: Boas prácticas no traballo dos servizos de normalización lingüística (SNL)
    Marta Besada Otero, Obradoiros de acollemento lingüístico e Proxecto Elos do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago
    Conchi Cochón Rodríguez, proxectos colaborativos de Alingua
    Adela Pita Permuy, proxectos Xera, Narón gaña co galego e Galego viaxeiro do SNL do Concello de Narón
    Gabino S. Vázquez Grandío, Modo galego. Actívao! da Real Academia Galega e SNL do Concello de Ames
    Coordina e modera: Rosa Moreiras Cuñarro
  • 14:00 horas: final da sesión da mañá

Sesión da tarde

  • 16:00 horas: MESA COLOQUIO: Entre o deber e o compromiso: 30 anos dos equipos de normalización nos centros de ensino
    Xabier Camba Sanmartín, IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez (A Estrada)
    Mariña Lema Blanco, CEIP Plurilingüe José Cornide Saavedra (A Coruña)
    Xosé Ramón López Boullón, Colexio Divino Maestro (Santiago de Compostela)
    Nel Vidal Barral, CPI Plurilingüe O Cruce (Cerceda)
    Coordina e modera: David Cobas Medín
  • 17:30 horas: pausa
  • 18:00 horas: MESA DE TRABALLO: Experiencias do alumnado integrante dos EDLG
    Arcadio González Nóvoa e Julieta Pérez Luna, coordinador e alumna do EDLG do IES Plurilingüe Rafael Dieste (A Coruña). Participan en Aquí tamén se fala e O Dépor é da Coruña.
    Óscar Iglesias Resúa, exalumno do EDLG do IES Félix Muriel (Rianxo). Participou activamente nos diferentes proxectos do equipo.
    Diego Madarnás Iglesias, exalumno do EDLG do IES do Milladoiro (Ames). Participou nos proxectos Club de Debate Alingua, Club de Lectura e Radio Escolar.
    Andrea Recarey Fernández, exalumna do EDLG do IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago). Participou no proxecto 21 días co galego
    Coordina e modera: Xaime Varela Sieiro
  • 19:00 horas: actuación de peche: Regueifa Tour, presentada por Manuel Maseda Deán
  • 19:30 horas: clausura

INSCRICIÓN

A inscrición nos XXVII Encontros para a Normalización Lingüística é gratuíta e debe facerse a través do formulario desta páxina. O número de prazas é limitado e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

OrganizaCentro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega coa colaboración da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Lingua)

Programa en .pdf

Principal información

  1. Temática dos Encontros: os SNL e os EDLG
  2. Data: 21 de outubro de 2025
  3. Lugar: Consello da Cultura Galega
  4. Inscrición e información completa nesta ligazón

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio