Segundo os datos deste estudo sociolingüístico, obtidos a partir dunha mostra de máis de 9000 enquisas realizadas en 2004, o número de persoas que empregan só o galego son practicamente a metade que en 1992 (16% en 2004, fronte ao 30,5% dos datos do MSG-92), e duplicouse o número de persoas que empregan só o castelán (25,8% en 2004, fronte ao 13% en 1992). Ademais, amósase como a xente que di utilizar as dúas linguas, utiliza cada vez máis o castelán. Mentres en 1992 dicía utilizar máis galego o 30,5% da poboación, en 2004 é o 22,9% quen di utilizar máis galego; e mentres en 1992 dicía utilizar máis castelán o 26% da poboación, en 2004 é o 35,3%.
Aínda que a perda de galegofalantes é xeral, cómpre salientar a grave situación do galego nas cidades, onde cada vez predomina máis o castelán. Son de salientar, por exemplo, os datos de Ferrol, onde a suma de xente que fala só ou maioritariamente castelán chega ao 85%; de Vigo e A Coruña, onde chega ao 81,9%; ou de Pontevedra, onde chega ao 75,9%. Ademais, en ningunha das cidades o uso do galego é superior ao uso do castelán.
Os datos deste segundo volume sobre os usos lingüísticos do MSG-04 non están aínda dispoñíbeis en versión electrónica, e a edición en papel foi distribuída en librarías (en versión electrónica só está dispoñíbel, polo momento, o primeiro volume, correspondente a lingua inicial e competencia lingüística [.pdf, 7,30 Mb], que se deu a coñecer a finais de 2007).
A valoración e o informe feito pola Mesa podes descargalo aquí.
Algúns medios xa se fixeron eco dos datos. Entre outros, estes:
- Sólo el 25% de los habitantes de las ciudades usa habitualmente el gallego (El País, 18/3/09)
- Catástrofe lingüística (Galicia Hoxe, 18/3/09)
- A Mesa: “O galego está nunha situación de emerxencia” (Xornal de Galicia, 18/3/09)
- Estratexia e defensa da fala (Xornal de Galicia, 18/3/09)
- Entre 1992 e 2004 duplicouse o número de monolingües en castelán (Vieiros, 17/3/09)