Con esta iniciativa, a Secretaría Xeral de Política Lingüística pretende axudar a que os pais e as nais contribúan á cadea de transmisión da lingua e, á vez, obteñan ideas para xogar na casa, prolongando no fogar a propia actividade. Nesta edición, a iniciativa homenaxea os avós e as avoas, en recoñecemento polo seu labor de coidado, educación e incorporación do galego á comunicación entre as familias e os bebés.
Así, desenvolveranse encontros e obradoiros nos concellos de Arteixo, Miño, Muros, Santa Comba, Redondela, A Cañiza, Tui, Vilagarcía de Arousa, San Cibrao da Viñas, Verín, Foz e Vilalba.
Encontros
Un espectáculo participativo dunha hora de duración que conxuga a música, as cantigas, o teatro e os xogos en galego. Está dirixido a bebés de 0 a 3 anos.
* 30/01/2011: en Arteixo , no Centro Cívico do Froxel (Oseiro), ás 12:00 horas
* 30/01/2011: en Miño, no Local Social de Xarío, ás 18:30 horas
* 05/02/2011: en Muros, na Aula de Danza San Xosé, ás 12:00 horas
* 05/02/2011: en Santa Comba, no Edificio Multiusos, ás 18:30 horas
* 13/02/2011: en Tui, no Teatro Principal (Edificio Área Panorámica), ás 12:00 horas
* 13/02/2011: na Cañiza, na Casa da Cultura, ás 18:30 horas
* 20/02/2011: en Redondela, na Casa da Cultura, ás 12:00 horas
* 20/02/2011: en Vilagarcía de Arousa, na Sala de Conferencias do Auditorio, ás 18:30 horas
* 26/02/2011: en Verín, no CEIP Amaro Refojo, ás 12:00 horas
* 26/02/2011: en San Cibrao das Viñas, no Multiusos da piscina de Pontenoalla, ás 18:30 horas
* 13/03/2011: en Foz, na Sala Bahía, ás 12:00 horas
* 13/03/2011: en Vilalba, no Auditorio Carmén Estévez, ás 18:30 horas
Obradoiros
Combinan un pequeno curso de técnicas de masaxe infantil, música, cantigas de arrolo tradicionais galegas e xogos de iniciación.
* 11/02/2011: en Arteixo , no Centro Cívico do Froxel (Oseiro), ás 17:30 e 19:00 horas
* 12/02/2011: en Arteixo , no Centro Cívico do Froxel (Oseiro), ás 17:30 e 19:00 horas
* 13/02/2011: en Miño, no Local Social de Loios, ás 17:30 e 19:00 horas
* 19/02/2011: en Muros, na Aula de Danza San Xosé, ás 17:30 horas
* 20/02/2011: en Santa Comba, no Edificio Multiusos, ás 18:00 horas
* 25/02/2011: en Redondela, na Casa da Cultura, ás 17:30 e 19:00 horas
* 26/02/2011: na Cañiza, na Casa da Cultura, ás 12:00 horas
* 26/02/2011: en Tui, no Teatro Principal (Edificio Área Panorámica), ás 17:30 e 19:00 horas
* 27/02/2011: na Cañiza, na Casa da Cultura, ás 18:00 horas
* 11/03/2011: en Vilagarcía de Arousa, na Sala de Conferencias do Auditorio, ás 17:30 e 19:00 horas
* 12/03/2011: en San Cibrao das Viñas, no Multiusos da piscina de Pontenoalla, ás 12:0 horas
* 12/03/2011: en Verín, na Piscina climatizada (sala de aeróbic), ás 17:30 e 19:00 horas
* 13/03/2011: en Vilagarcía de Arousa, na Sala de Conferencias do Auditorio, ás 17:30 e 19:00 horas
* 19/03/2011: en Foz, na Sala Bahía, ás 17:30 e 19:00 horas
* 20/03/2011: en Vilalba, na Sala de exposicións do Auditorio Carmén Estévez, ás 17:30 e 19:00 horas
Para participar nos Axóuxeres
A entrada para os Encontros e para os Obradoiros dos Axóuxeres é de balde, con reserva previa ata completar a capacidade. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse previamente nos seguintes teléfonos, en horario de luns a venres de 9 a 16 horas:
-Reservas para os Encontros no 686 160 879.
-Reservas para os Obradoiros no 630 230 338.
Información completa sobre os Axóuxeres >
Os Axóuxeres seguen soando en 2011
Os Axóuxeres, programa de dinamización lingüística para a transmisión interxeracional do galego, retoman a súa programación para bebés e familias en 12 localidades no primeiro trimestre do ano: Arteixo, Miño, Muros, Santa Comba, Redondela, A Cañiza, Tui, Vilagarcía de Arousa, San Cibrao da Viñas, Verín, Foz e Vilalba