Os/as turistas de Vigo recibirán un pequeno dicionario plurilingüe para se poderen comunicar algo en galego

O Concello de Vigo editou 35.000 exemplares dun pequeno dicionario plurilingüe destinado a todos/as os/as turistas que visiten a cidade, para que así teñen unha pequena introdución á nosa lingua e poidan comunicarse algo en galego.

O dicionario recolle 170 palabras e expresións en galego traducidas a castelán, catalán, éuscaro, portugués, inglés, francés, italiano e alemán.

Os 35.000 exemplares deste pequeno dicionario distribuiranse por todos os hoteis, oficinas de turismo, edificios públicos, etc., co obxectivo de visibilizar e dar a coñecer o galego entre os/as visitantes, e de facilitarlles as palabras e expresións que poden ser máis utilizadas na súa visita á cidade, para que así as poidan utilizar.

Esta acción está desenvolvida desde a Tenencia de Alcaldía, a Concellaría de Turismo e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, e contou coa colaboración da Xunta e do Concello de Donosti.

O Pequeno dicionario plurilingüe de galego para turistas pódese descargar en formato .pdf aquí [4,82 MB].
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio