Os/as tradutores/as galegos/as celebran o Día internacional da tradución

O 30 de setembro é o Día internacional da tradución, que este ano se celebra co lema "Traballar en común". En Galiza, os/as profesionais do sector conmemorarán a data cunha homenaxe a Marilar Aleixandre e cunha conferencia do sudanés Daoud Hari.

ACTOS ARREDOR DO DÍA INTERNACIONAL DA TRADUCIÓN

Homenaxe a Marilar Aleixandre

Día: mércores 30 de setembro

Hora: 20.00 h

Lugar: Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela

Organiza: Asociación de Tradutores/as Galegos/as (ATG), Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) e Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura

Ciclo de actividades e mesas redondas relacionadas coas profesións da

tradución e a interpretación


Data: 30 de setembro

Hora: a partir das 10.00 h

Lugar: Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo

Organizado por: Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo

Conferencia de Daoud Hari

Data: 20 de outubro

Hora: 20.00 h

Lugar: Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela

Organiza: AGPTI e ATG, co financiamento da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura

Daoud Hari é autor da obra The Translator, onde relata a súa experiencia como intérprete en Darfur. Daoud Hari é un home da etnia sudanesa dos zaghawa que, cando comezou o conflito de Darfur, se converteu en intérprete de xornalistas (The New York Times, BBC, etc.) e ONG internacionais, poñendo constantemente en risco a súa vida co único fin de que o mundo soubese o que estaba a suceder no seu país.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio