Ordenanza reguladora do impulso do uso do galego no concello de Poio

O Concello de Poio aproba a súa Ordenanza reguladora do impulso do uso do galego. O texto definitivo publicouse no BOP de Pontevedra do 1 de febreiro de 2021.



O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 1 de febreiro de 2021 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza reguladora do impulso do uso do galego no concello de Poio.

Este texto normativo do Concello de Poio declara o galego como idioma oficial do Concello, por ser lingua propia e oficial de Galiza. Por tanto, establécese que “O Concello de Poio empregará o galego en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas internas, na comunicación social, e nas relacións coas cidadás, cos cidadáns e con todas as entidades públicas situadas en Galicia e con aqueloutras que admitan o galego para as actuacións administrativas.”.

Ao longo dos seus 24 artigos distribuídos en 15 capítulos, regúlase o uso oficial do idioma galego; o ámbito de aplicación; a atención ao público; o emprego da lingua nas resolucións e documentación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na compra de bens e materiais e no encargo e contratación de servizos; na sinalizacións e rotulación; nas relacións con outras administracións; nas relacións coas empresas privadas; polo persoal ao servizo da Administración; e na toponimia, nomes de rúas, emprazamentos e edificios.

Tamén se establece a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma e o labor de mellora da calidade lingüística e da linguaxe democrática inclusiva.

O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O texto da ordenanza recolle no seu artigo 23 que o Concello de Poio contará servizo de normalización lingüístico “estable dotado con medios materiais e humanos suficientes co obxecto de impulsar a normalización do idioma galego a todos os niveis e ámbitos sociais, e de coordinar as accións necesarias para darlle cumprimento a esta ordenanza”. Así mesmo, enumera as súas tarefas nas áreas de dinamización sociolingüística, formación sociolingüística, asesoramento lingüístico e funcións xerais.

Ordenanza reguladora do impulso do uso do galego no concello de Poio, en .pdf
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio