Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Valga

O Concello de Valga acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 17 de setembro e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 3 de decembro de 2018.



O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 3 de decembro de 2018 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Valga, unha proposta que foi aprobada no Pleno municipal o 17 de setembro de 2018.

Este texto do Concello de Valga declara o galego como idioma oficial do Concello, por ser lingua propia e oficial de Galicia. Por tanto, establécese o uso da lingua galega “en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas, na documentación, na comunicación social, e nas relacións coas cidadás, cos cidadáns e con todas as entidades situadas en Galicia e con aqueloutras que admitan o galego para as actuacións administrativas”.

Ao longo dos seus 14 capítulos, 23 artigos e disposición adicional, regúlase o uso do galego e a acción lingüística do concello na atención ao público; na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na sinalización e rotulación; nas relacións con outras administracións; nas relacións con empresas privadas; polo persoal ao servizo da administración, e na toponimia e nomes de rúas, lugares ou edificios. Tamén se establece a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma, a necesidade de coidar a calidade lingüística e o uso dunha linguaxe democrática e inclusiva, e os mecanismos de cumprimento e seguimento da ordenanza.

O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA(SNL)

Os obxectivos e as funcións do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) municipal tamén quedan establecidas nesta ordenanza (art. 22), e indícase que debe estar “dotado con medios materiais e humanos suficientes co obxecto de impulsar a normalización e procurar o incremento do uso e prestixio do idioma galego a todos os niveis e ámbitos sociais, e de coordinar as accións necesarias para darlle cumprimento á ordenanza”. Así mesmo, enumera as súas tarefas nas áreas de dinamización sociolingüística, formación sociolingüística, asesoramento lingüístico e funcións xerais.

Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Valga, en .pdf
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio