Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Ribadumia

O Concello de Ribadumia acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 5 de xullo de 2018 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 23 de xaneiro de 2019.

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 23 de xaneiro de 2019 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Ribadumia, un texto aprobado no Pleno municipal o 5 de xullo de 2018.

Este texto do Concello de Ribadumia declara o galego como idioma oficial do Concello, por ser lingua propia e oficial de Galicia. Por tanto establécese o uso da lingua galega “en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas, na documentación, na comunicación social, e nas relacións coas cidadás, cos cidadáns e con todas as entidades situadas en Galicia e con aqueloutras que admitan o galego para as actuacións administrativas”.

Ao longo dos seus 15 capítulos, 24 artigos e disposición adicional, regúlase o uso do galego e a acción lingüística do concello na atención ao público; na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na compra de bens e materiais e encargo e contratación de servizos; na sinalización e rotulación; nas relacións con outras administracións; nas relacións coas empresas privadas; polo persoal ao servizo da administración, e na toponimia e nomes de rúas, lugares ou edificios. Tamén se establece a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma, a necesidade de coidar a calidade lingüística e o uso dunha linguaxe democrática e inclusiva, e os mecanismos de cumprimento e seguimento da ordenanza.

O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA(SNL)

O capítulo décimo cuarto está dedicado especificamente á previsión de crear un servizo de normalización lingüística (SNL) municipal. Os seus obxectivos e funcións tamén quedan establecidas nesta ordenanza (art. 23), e indícase que debe estar “dotado con medios materiais e humanos suficientes co obxecto de impulsar a normalización e procurar o incremento do uso e prestixio do idioma galego a todos os niveis e ámbitos sociais, e de coordinar as accións necesarias para darlle cumprimento a esta ordenanza”. Así mesmo, enumera as súas tarefas nas áreas de dinamización sociolingüística, formación sociolingüística, asesoramento lingüístico e funcións xerais.

Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Ribadumia, en .pdf
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio