Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Fornelos de Montes

O Concello de Fornelos de Montes aprobou definitivamente a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. O texto aprobouse no Pleno do 30 de agosto e publicouse no BOP de Pontevedra do 6 de novembro.

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 6 de novembro de 2018 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Fornelos de Montes.

Este texto legal declara o galego como idioma oficial do Concello, idioma que empregará “en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas, na documentación, na comunicación social, e nas relacións coa cidadanía e con todas as entidades situadas en Galicia e con aqueloutras que admitan o galego para as actuacións administrativas”.

A ordenanza do Concello de Fornelos de Montes ten 22 artigos distribuídos en 13 capítulos (por erro numerados como 12) e unha disposición adicional. Ao longo do articulado, regúlase o uso do galego na atención ao público; na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na compra de bens e materiais e encargo e contratación de servizos; na sinalización e rotulación; nas relacións con outras administracións; nas relacións coas empresas privadas; polo persoal ao servizo da Administración; e na toponimia e nomes de rúas, emprazamentos e edificios.

Tamén se establece a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma, na calidade lingüística e no uso dunha linguaxe democrática e inclusiva. A disposición adicional establece que o Concello de Fornelos de Montes poderá crear un Consello Social da Lingua para “favorecer a participación social no impulso e dinamización do uso do galego”.

O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (SNL)

O texto da ordenanza unicamente fai referencia ao servizo de normalización lingüística en dous artigos, o 10 e o 12.4, atribuíndolle funcións só de corrección lingüística de textos, rótulos e sinalizacións.

As funcións dos servizos de normalización lingüística abranguen moito máis ca a simple corrección de textos. Son os departamentos técnicos que asesoran as entidades locais no impulso do uso e do prestixio da nosa lingua en todos os seus ámbitos de influencia; que planifican, xestionan, executan e avalían accións a prol da lingua en diferentes ámbitos e contextos; que deseñan e coordinan, segundo as necesidades, accións formativas para mellorar as competencias e as actitudes lingüísticas etc.

Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Fornelos de Montes, en .pdf
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio