Ordenanza de uso da lingua galega no concello do Porriño

O Concello do Porriño aproba a súa Ordenanza de uso da lingua galega. Publicouse no BOP de hoxe, logo da aprobación definitiva polo Pleno da Corporación o pasado 26 de agosto.



O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 16 de setembro de 2020 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza de uso da lingua galega no concello do Porriño.

Este texto normativo do Concello do Porriño declara o galego como idioma oficial do Concello, por ser lingua propia e oficial de Galiza. Por tanto, establécese que “O Concello do Porriño empregará o galego en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas, na documentación, na comunicación social e nas relación coas cidadás, cos cidadáns e con todas as entidades situadas en Galiza e con aqueloutras que admitan o galego para as actuacións administrativas”.

Ao longo dos seus 21 artigos distribuídos en 13 capítulos, regúlase o uso oficial do idioma galego; o ámbito de aplicación; a atención ao público; o emprego da lingua na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na compra de bens e materiais, no encargo e contratación de servizos e nas relacións coas empresas privadas; na toponimia, sinalizacións e rótulos; nas relacións con outras administracións; e polo persoal ao servizo da Administración. Tamén se establece a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma e o labor de mellora da calidade lingüística e da linguaxe democrática inclusiva.

A UNIDADE TÉCNICA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O texto da ordenanza recolle no seu artigo 21 todo o relativo ao persoal técnico da Concellaría de Normalización Lingüística, que “procurará o incremento do uso e prestixio do idioma galego no ámbito e coordinará as accións necesarias para darlle cumprimento a esta ordenanza”.

No mesmo artigo detállanse as funcións desta unidade técnica, que se clasifican en catro áreas: funcións xerais, funcións de dinamización sociolingüística, funcións de formación sociolingüística, e funcións de asesoramento lingüístico (algunhas delas tamén recollidas parcialmente nos artigos 10, 13, 17, 18 e 19).

Ordenanza de uso da lingua galega no concello do Porriño, en .pdf
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio