O Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 30 de maio de 2017 anuncia a publicación provisional da Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación da Coruña.
Este texto declara o galego como idioma oficial da Deputación, lingua que empregará “en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas, na documentación, na comunicación social, e nas relacións coas cidadás, cos cidadáns e con todas as entidades situadas en Galicia e con aqueloutras que admitan o galego para as actuacións administrativas”.
A ordenanza da deputación coruñesa ten 21 artigos distribuídos en 13 capítulos. Ao longo do articulado, regúlase o uso do galego e a acción lingüística da institución provincial na atención ao público; na documentación e actuación administrativas; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na compra de bens e materiais, contratación de servizos e relacións coas empresas privadas; na sinalización e rotulación; nas relacións con outras administracións; no persoal ao servizo da Administración; e na toponimia. Tamén se establece a responsabilidade da deputación no impulso institucional do idioma, na calidade lingüística e no uso dunha linguaxe democrática e inclusiva.
A Unidade Técnica de Normalización Lingüística(UTNL)
Os obxectivos e as funcións da Unidade Técnica de Normalización Lingüística (UTNL) tamén quedan establecidos no artigo 21 desta ordenanza. As tarefas que desenvolva este departamento técnico deben configurarse en catro áreas: dinamización sociolingüística, formación sociolingüística, asesoramento lingüístico, deseño dun programa de colaboración e axudas para a creación de servizos de normalización lingüística nos concellos da provincia e outras.
Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación da Coruña, en .pdf
Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación da Coruña
O pasado 26 de maio o Pleno da Deputación Provincial da Coruña aprobou por unanimidade a Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación da Coruña. O texto completo pode consultarse no BOP de hoxe.