Ops! Para que o estudantado vexa as vantaxes competitivas do galego

Ops! é o que exclamamos cando nos decatamos de algo que xa sabiamos, mais que non lembrabamos ou no que non caiamos. E, con ese nome, é co que, desde a Agal, están a desenvolver obradoiros nos centros de ensino para amosar que o galego é unha entrada privilexiada para acceder ao mundo en portugués e unha vantaxe competitiva

Cunha metodoloxía práctica e de interacción cos rapaces e as rapazas, a Associaçom Galega da Língua (Agal) desenvolve nos institutos Ops! O portugués simples, un orixinal obradoiro de 100 minutos de duración para amosarlle ao alumnado que o galego é unha vantaxe competitiva e unha entrada privilexiada para acceder ao mundo en portugués.

PARA QUEN?

Esta actividade está idealizada para alumnos e alumnas a partir dos 12 anos (ciclo superior de educación primaria, ESO, bacharelato, FP, ensino de adultos/as…), aínda que tamén está en fase de preparación unha adaptación para os ciclos inicial e medio de educación primaria).

POR QUE?

A AGAL desenvolve este obradoiro para intentar fortalecer algunhas ideas positivas para o galego, porque a maioría dos nosos estudantes, cando finalizan o sistema educativo, descoñecen que o portugués pode formar parte do seu currículo; para pór en valor a lingua de Galiza, facendo ver a súa potencialidade; porque o portugués é a sexta lingua máis falada no mundo, oficial en 4 continentes e 8 países; porque o plurilingüismo vai ter cada vez máis valor; etc.

QUEN?

Ops! conta cun equipo coordinado por Valentim R. Fagim, e formado por Eugénio Outeiro, Antia Cortiças, Noemi Pinheira, Kike Martins e Breogám Vila.

A información completa pode consultarse no blog do proxecto >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio