Oito editoriais desenvolverán accións de fomento do galego en 70 concellos

Oito editoriais galegas (A Nosa Terra, Baía, Galaxia, Kalandraka, Oqo, Rodeira, Sotelo Blanco e Xerais) en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística veñen de presentar unha iniciativa que levará diferentes actividades de dinamización lingüística a máis de 70 concellos de Galiza.

As persoas destinatarias destas actividades son os rapaces e rapazas de entre 4 e 18 anos e con elas procurarase incidir en aspectos coma a oralidade, a escrita creativa, a música ou o audiovisual.

A campaña conta cun orzamento total de 621.000 euros, dos que política lingüística achega 570.000 e, en palabras da secretaria xeral, é un dos proxectos máis ambiciosos do seu departamento nesta lexislatura.

Podes consultar as diferentes actividades na ligazón seguinte
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio