Oito concellos asinan a Declaración de Mondariz-Balneario a prol da lingua

Os concellos de Cambados, Cuntis, Dozón, Moaña, Mos, Redondela, Silleda e Mondariz-Balneario asinaron unha declaración na que se comprometen ao impulso da lingua galega desde a administración local, con motivo do 50 cabodano do pasamento de Ramón Cabanillas.

O 9 de novembro, día no que se cumpren cincuenta anos do pasamento do poeta cambadés Ramón Cabanillas, a casa do Concello de Mondariz-Balneario acolleu un acto simbólico que serviu para que os oito concellos cos que tivo relación o poeta asinaran a Declaración de Mondariz-Balneario, na que os rexedores municipais de Cambados, Cuntis, Dozón, Meis, Moaña, Mos, Redondela, Silleda e Mondariz-Balneario se comprometen co fomento do galego.

A declaración asinada pode descargarse, en .pdf, aquí.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio