Amnistía Internacional acaba de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado español, e 20 de presenza continuada en Galiza. Por estes motivos, a Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e mais polo traballo feito, mais quere facelo tamén cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de AI a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e éuscaro no seu web, así como nas campañas de envío de correos electrónicos que lles remiten ás/aos socias/os e colaboradores.
Desde a Ciberirmandade consideran que unha organización como AI non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado español. Por todo isto, animan a enviarlles este correo de felicitación e suxestión.