Os obxectivos principais destes obradoiros son o de procurar a utilización dunha linguaxe cun tratamento igualitario entre homes e mulleres e o de loitar contra os estereotipos lingüísticos sexistas e as expresións androcéntricas na linguaxe.
As persoas asistentes aos obradoiros poderán identificar os casos de uso sexista da linguaxe e disporán das ferramentas axeitadas para evitalos. As sesión desenvolveranse de xeito práctico, centradas fundamentalmente na análise de documentos reais.
Os obradoiros terán unha duración de 6 horas repartidas en varias sesións e desenvolveranse en Baio, Zas e Fornelos.
Podes atopar máis información no blogue do SNL de Zas.
Obradoiros de linguaxe non-sexista en Zas
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Zas organiza, durante o mes de marzo, unha serie de obradoiros de linguaxe non-sexista.