Despois dos exitosos obradoiro Ops! (O português simples), a Associaçom Galega da Língua (Agal) lanza o proxecto Cacimbo.
Cacimbo é unha viaxe polo países que falan portugués en África, deténdose nas súas músicas, a súa paisaxe, a súa fauna e as súas xentes, e onde os contidos audiovisuais terán un especial destaque.
A relatora dos obradoiros é a cantora angolana Aline Frazão, que acaba de lanzar o seu primeiro álbum, Clave Bantu.
Os/as destinatarios/as dos obradoiros son as nenas e os nenos de ensino primario, de 9 a 12 anos. O obxectivo é amosar a África de expresión lusófona para que o alumnado poida achegarse a esa cultura por medio do galego, o que fará que isto sexa visto como unha vantaxe, e o que reforzará a visión do galego por parte do alumnado.
A duración de cada obradoiro será de 50 minutos e a metodoloxía activa, e procurará a participación das crianzas.
Para saber máis sobre obxectivos, prezos, contactos, etc., pódese consultar o blog do proxecto.
Obradoiros Cacimbo para o reforzo lingüístico a través do descubrimento da África lusófona
A Agal lanza un novo proxecto: os obradoiros Cacimbo, dirixidos a nenos/as de 9 a 12 anos, a través dos que a cantora angolana Aline Frazão lles amosa a África lusófona por medio do galego