Obradoiro de notas de prensa para a difusión de accións de normalización lingüística

Este obradoiro que organiza a CTNL terá lugar durante abril e maio de 2013, cunha sesión presencial o 25 de abril en Santiago de Compostela. O obxectivo é aprender a elaborar e xestionar notas de prensa dun xeito máis eficiente, para que así as accións de normalización poidan ter maior repercusión nos medios. O prazo de inscrición comeza o 3 e remata o 10 de abril

Con bastantes frecuencia, as traballadoras e os traballadores de servizos de normalización lingüística, asociacións e entidades varias relacionadas coa lingua teñen que redactar e enviar notas de prensa para difundir accións, convocar os medios, dar a coñecer iniciativas, etc. O ideal podería ser que este traballo fose feito desde un gabinete de comunicación por profesionais, mais a realidade está na maioría das ocasións moi lonxe diso, e cada SNL dun concello ou outra entidade, cada equipo de normalización dun centro de ensino, cada asociación, etc., ten que encargarse da súa comunicación directamente e cos medios que ten.

Con este obradoiro que organiza a CTNL preténdese que as traballadores e os traballadores de normalización lingüística aprendan, dun modo práctico, a elaborar notas de prensa que comuniquen axeitadamente e de maneira eficiente a mensaxe e información que se quere transmitir, sabendo crear titulares e acertando na mensaxe, e tamén que coñezan como, cando, a onde e a quen se deben enviar as notas de prensa sobre lingua na procura de que teñan a repercusión axeitada no ámbito de interese ao que se dirixen. Deste xeito, poderíase conseguir unha maior e mellor repercusión social a través dos medios do traballo en lingua e das accións a prol do galego.

O prazo de inscrición comeza o 3 de abril e a sesión presencial terá lugar o 25 de abril

O prazo de solicitude para participar comeza o día 3 ás 10.00 h e remata o 10 de abril. O inicio do contacto da profesora co alumnado para iniciar o obradoiro comezará o 18 de abril, o 25 haberá unha sesión presencial pola tarde en Santiago de Compostela e a realización e seguimento do traballos alongarase ata o 22 de maio.

Obradoiro práctico con traballo titorizado a distancia

A dinámica e metodoloxía deste obradoiro preténdese que sexa totalmente práctica e adaptada ao traballo e necesidades reais das persoas participantes, iniciando o traballo a través do contacto coa profesora vía correo electrónico, traballando nas catro horas presenciais os contidos que se deben coñecer, e aplicando eses coñecementos en casos reais despois desa sesión presencial e con traballos titorizados e avaliados pola profesora, a través do contacto mediante correo-e. Polo tanto, aínda que non é un curso en liña, a maior parte do traballo farase a distancia, con titorización por parte da profesora.

Profesora experta en comunicación

A profesora do curso será Rocío Castro Tarrío, xornalista e comunicadora. Foi directora de Vieiros e xefa do gabinete de comunicación da Consellaría de Cultura. Agora dedícase á comunicación corporativa como free-lance, especializada na comunicación cultural e no marketing dixital

Información completa e inscrición (do 3/4/13 ao 10/4/13) >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio