Listaxe de admisión de agarda (.pdf, 148 Kb) >
PRESENTACIÓN
Con bastantes frecuencia, as traballadoras e os traballadores de servizos de normalización lingüística, asociacións e entidades varias relacionadas coa lingua teñen que redactar e enviar notas de prensa para difundir accións, convocar os medios, dar a coñecer iniciativas, etc. O ideal podería ser que este traballo fose feito desde un gabinete de comunicación por profesionais, mais a realidade está na maioría das ocasións moi lonxe diso, e cada SNL dun concello ou outra entidade, cada equipo de normalización dun centro de ensino, cada asociación, etc., ten que encargarse da súa comunicación directamente e cos medios que ten.
Con este obradoiro preténdese que as traballadores e os traballadores de normalización lingüística aprendan, dun modo práctico, a elaborar notas de prensa que comuniquen axeitadamente e de maneira eficiente a mensaxe e información que se quere transmitir, sabendo crear titulares e acertando na mensaxe, e tamén que coñezan como, cando, a onde e a quen se deben enviar as notas de prensa sobre lingua na procura de que teñan a repercusión axeitada no ámbito de interese ao que se dirixen. Deste xeito, poderíase conseguir unha maior e mellor repercusión social a través dos medios do traballo en lingua e das accións a prol do galego.
OBXECTIVOS XERAIS
-Redactar notas de prensa que comuniquen axeitadamente a mensaxe e información que se quere transmitir desde SNL, ENDL, asociacións en defensa da lingua, empresas lingüísticas, etc.
-Coñecer os formatos, partes, contidos, etc., que deben ter as notas de prensa.
-Aprender a atopar titulares e frases que fagan que as notas comuniquen de xeito máis eficiente.
-Coñecer como, cando, a onde e a quen se deben enviar as notas de prensa sobre lingua na procura de que teñen a repercusión axeitada no ámbito de interese.
-Que o traballo en lingua e as accións a prol do galego teñan maior e mellor repercusión social a través dos medios.
PERSOAS DESTINATARIAS
-Traballadores/as de normalización lingüística de administracións, empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización da lingua.
-Membros de ENDL dos centros de ensino.
-Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua.
CALENDARIO PARA O OBRADOIRO
-Prazo de solicitude de participación no curso: Desde o 3/4/2013 ás 10.00 h até o 10/4/2013 ás 14.00 h
-Publicación da listaxe de persoas admitidas: 11/4/2013 ao longo da mañá
-Prazo para facer o ingreso de matrícula: 17/4/2013
-Inicio do contacto da profesora co alumnado para iniciar o traballo: 18/4/2013
-Sesión presencial: 25/4/2013, de 16.30 h a 21.00 h. Aula 3 da Facultade de Filoloxía da USC
-Realización e seguimento dos traballos do alumnado: Ata, como máximo, o 22/5/2013
DINÁMICA E METODOLOXÍA DO OBRADOIRO
A dinámica e metodoloxía deste obradoiro preténdese que sexa totalmente práctica e adaptada ao traballo e necesidades reais das persoas participantes, iniciando o traballo a través do contacto coa profesora vía correo electrónico, traballando nas catro horas presenciais os contidos que se deben coñecer, e aplicando eses coñecementos en casos reais despois desa sesión presencial e con traballos titorizados e avaliados pola profesora, a través do contacto mediante correo-e.
Polo tanto, aínda que non é un curso en liña, a maior parte do traballo farase a distancia, con titorización por parte da profesora.
DURACIÓN
10 horas (4 presenciais e 6 non presenciais)
PROFESORA
Rocío Castro Tarrío. Xornalista e comunicadora, foi directora de Vieiros e xefa do gabinete de comunicación da Consellaría de Cultura. Agora dedícase á comunicación corporativa como free-lance, especializada na comunicación cultural e no marketing dixital
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
Dado que o número de prazas está limitado a 15, terán preferencia os/as socios/as da CTNL e, despois, respectarase a orde de inscrición.
Non se pode pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas.
As persoas incluídas nesa listaxe de admitidas deben ingresar o importe da matrícula ata o 17/4/13 na conta da CTNL en NovaGaliciaBanco número 2080-0377-04-3040004060, indicando o seu nome completo e mais o concepto “Obradoiro notas prensa”.
Se unha persoa está na listaxe de admitidas e non vai participar no curso, debe comunicalo por teléfono ou correo electrónico o máis axiña posíbel, para así poder incorporar, con suficiente antelación, a seguinte persoa da listaxe de agarda.
COTA DE INSCRICIÓN
-Socias/os da CTNL: 15 euros
-Estudantes, bolseiras/os e desempregadas/os: 30 euros
-Non socias/os da CTNL: 60 euros
CERTIFICADO DE ASISTENCIA
Para obter o certificado de asistencia hai que participar nas catro horas presenciais e mais facer as tarefas propostas e titorizadas
ORGANIZA
-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
COLABORAN
-Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía
-Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
PECHADO O PRAZO DE INSCRICIÓN
Obradoiro de notas de prensa para a difusión de accións de normalización lingüística
Durante abril e maio de 2013, cunha sesión presencial o 25 de abril, en Santiago de Compostela