O V Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística terá lugar no Pazo da Cultura de Carballo os días 15, 16 e 17 de xullo de 2009. Esta edición centrarase no argumentario e na análise do compromiso individual coa lingua galega, e nel participarán diversos expertos en normalización lingüística de Galiza e doutras partes do estado.
Mentres a pasada edición se dedicou ás novas tecnoloxías, esta centrará as súas sesións na reflexión sobre a realidade da lingua galega, na introdución de casos prácticos de compromiso individual co idioma, nas razóns para chegar á lealdade lingüística e nos argumentos a prol do uso do galego.
Está previsto que nel participen arredor de 60 persoas, principalmente técnicos/as de normalización lingüística de distintas entidades, axentes sociais e dinamizadores/as sociolingüísticos/as.
O curso está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, e conta coa colaboración da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo.
O V Curso de verán sobre dinamización lingüística centrarase no argumentario e no compromiso individual coa lingua
O V Curso de verán sobre dinamización lingüística "Traballando en lingua" que anualmente realiza o SNL da Universidade da Coruña, en colaboración coa CTNL, desenvolverase no mes de xullo en Carballo e centrarase na análise do compromiso individual coa lingua galega e no argumentario a favor da normalización lingüística.