Esta nova campaña conta con diferentes medidas de actuación. En primeiro lugar, a SXPL asinou diferentes convenios de colaboración cos principais fabricantes e operadores de telefonía móbil, segundo xa anunciaron esta semana algúns medios como Vieiros ou A Nosa Terra. Estes convenios parten co obxectivo de implantar progresivamente o galego como opción idiomática nos menús e noutras aplicacións dos terminais móbiles, así como nas páxinas web e na atención ao cliente.
Pola súa banda, o web www.oteumobilengalego.com, será un espazo para facilitarlles ás persoas interesadas toda a información relativa ás compañías que lles posibilitan aos seus clientes unha relación e un trato directo en galego.
Esta campaña completarase con outras accións en liña dirixidas a promover e difundir na Internet este proxecto sobre a telefonía móbil, aínda que non se concretaron cales.

Podes consultar máis información sobre esta campaña no web www.oteumobilengalego.com.