O SNL do Concello de Redondela convoca un concurso de carteis para o deporte

A Concellaría de Normalización Lingüística promove a celebración dun concurso de carteis que servirán de soporte publicitario para a difusión da campaña de normalización lingüística no deporte redondelán 2010-2011

Poderán participar todas as persoas que o desexen sempre que os traballos presentados a concurso sexan orixinais, inéditos e non premiados anteriormente. A data límite para entregar os traballos a concurso será o 15 de outubro.

Esta campaña de normalización lingüística, que se dará a coñecer no vindeiro mes de novembro, pretende sensibilizar e animar a poboación redondelá a utilizar a nosa lingua nas actividades deportivas, parte esencial do noso tempo de lecer. Para iso potenciará as actividades que utilicen a lingua galega e colaborará con aquelas institucións, asociacións e clubs deportivos que utilicen habitualmente a lingua galega ou que promovan o seu uso como lingua preferente.

Podes consultar as bases nesta ligazón
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio