O SNL de Narón conmemora as Letras e o Día de Internet cun concurso de redacción a través da rede

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón convoca o I Concurso de redacción "A través das palabras…. Uxío Novoneyra", co motivo da celebración do Día das Letras Galegas e do Día de Internet, ambos os dous coincidentes no 17 de maio

O concurso convocado polo SNL do Concello de Narón consiste na realización de redaccións que reflictan a importancia da celebración do Día das Letras Galegas e a importancia da figura de Uxío Novoneyra para a nosa cultura, e deben estar escritas en lingua galega.

Deste xeito, pretenden fomentar, entre a cidadanía, o uso escrito da lingua galega e o uso deste idioma nas novas tecnoloxías como forma de conmemorar o día de Internet, ademais de afondar na vida e obra do autor homenaxeado.

Mediante esta actividade pretenden celebrar o Día das Letras Galegas, pola transcendental importancia que este día ten para a cultura galega, pois hónranse e danse a coñecer as obras dos autores e das autoras máis importantes da nosa cultura.

Uxío Novoneyra é o autor ao que se lle dedica este día tan importante neste ano 2010. Este autor brillou dentro da literatura galega grazas aos seus versos. Neles reflectiu a vangarda pictórica, as temáticas amorosa e política, e mais destacou pola súa temática paisaxística.

Información completa e bases do concurso >
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio