O SNL de Carballo difunde a rede en galego por toda a Costa da Morte

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo difunde unha axenda de enderezos web en galego por toda a Costa da Morte

O Concello de Carballo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística e por medio da axenda de enderezos de internet Os meus favoritos, quere difundir unha selección de sitios web en galego para así contribuír á difusión da información na nosa lingua, ao mesmo tempo que á difusión da creación artística, da cultura, do deporte, da literatura, da música, dos espazos de participación e creación de opinión, do ensino, do medio, etc. Con ela quérese convidar a todo o mundo a navegar e a descubrir o ciberespazo en galego.

Debido á coincidencia no 17 de maio do Día das Letras Galegas e do Día de Internet, considérase unha moi boa ocasión para intensificar a relación imprescindíbel entre a lingua e a rede.

A guía Os meus favoritos recolle nas súas 20 páxinas información e os enderezos duns 150 sitios web en galego, organizados por áreas temáticas: música, lingua, mocidade, xogos, educación, software, banda deseñada, deporte, literatura, etc.

Desta guía edítanse 10.000 exemplares, dos cales 6.500 serán distribuídos xunto coa edición Carballo de La Voz de Galicia o sábado 17 de maio en toda a comarca de Bergantiños e na Costa da Morte e o resto serán repartidos entre centros de ensino, asociacións, empresas, edificios públicos, aulas de informática, biblioteca, etc., de Carballo.

En 2006 o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo xa editou e distribuíu unha pequena guía semellante a esta.

A axenda pódese descargar en formato .pdf [3,96 MB].
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio